Primeras consecuencias de la victoria de la Derecha (Pecha a sala NASA) (Santiago)
4 participantes
Página 1 de 1.
Primeras consecuencias de la victoria de la Derecha (Pecha a sala NASA) (Santiago)
Unha verdadeira lástima, disfrutei de moitos concertos e obras teatrais e distintas performances alí.
CARTA DE DESPEDIDA DA NASA
Estimada tripulación:
Onte a cidadanía de Compostela outorgoulle a maioría absoluta no governo municipal a Conde Roa. Este é un feito que vai ter un impacto importante sobre a vida cultural da nosa cidade. E por suposto, supón un punto e a parte para a Nasa.
Os ataques constantes dirixidos contra nós durante os últimos tres anos, baseados en ameazas, insultos e mentiras supuxeron unha dura proba, sobre todo a nível persoal, ao comprobarmos a impunidade coa que un político pode estragar a imaxe e a credibilidade dunha persoas e dunha entidade diante da opinión pública.
Nesta situación, a comandancia da Nasa ten decidido abandoar a primeira liña da acción cultural. Desde hoxe, a nosa presencia fai imposible a continuidade do proxecto Nasa, pois sen a colaboración municipal non ten viabilidade e tampouco ten sentido. Por outro lado, non temos estómago para colaborar no proxecto de cidade de Conde Roa, baseado na descalificación e persecución dunha parte da sociedade compostelán, como vimos de comprobar nos últimos anos.
Porén, consideramos que a proxección de futuro do proxecto cívico e cultural da Nasa non debe depender exclusivamente dos membros desta comandancia. E non o dicimos só polo cansancio acumulado durante estes anos, que é moito, senón porque é o momento de explorar novas fórmulas de xestión cultural máis participativas, nas que a toma de decisións sexa máis colectiva.
Así que, para pensarmos o futuro da Nasa entre toda a xente que forma parte da tripulación, gustaríanos convidarvos a unha sesión de reflexión e debate o próximo sábado 11 de xuño ás 12,00h. Será como unha sesión vermú para intercambiar ideas, facer propostas e pensar en aberto cal é a cultura que queremos para a nosa cidade e como queremos participar nela.
Insistiremos nesta convocatoria ao longo das próximas semanas, tanto para achegarvos temas a discutir como para pedirvos propostas de debate e organización. Contamos coa vosa participación.
E non queremos deixar pasar a oportunidade para agradecervos o voso apoio e acompañamento, sen o que non teriamos chegado ata aquí.
Un forte abrazo,
A Xunta de Comandantes.
https://www.facebook.com/home.php#!/notes/cristina-lourenzo/carta-de-despedida-da-nasa/213111425376935
Bettie- Mensajes : 16241
Fecha de inscripción : 21/01/2010
Re: Primeras consecuencias de la victoria de la Derecha (Pecha a sala NASA) (Santiago)
Una verdadera perdida para la ciudad
_________________
Blas- Admin
- Mensajes : 40155
Fecha de inscripción : 24/03/2008
Bettie- Mensajes : 16241
Fecha de inscripción : 21/01/2010
Re: Primeras consecuencias de la victoria de la Derecha (Pecha a sala NASA) (Santiago)
No sé como tomarme esto...
http://www.xornal.com/artigo/2011/05/26/xornal-municipal/santiago2/conde-roa-se-a-nasa-fai-unha-retirada-preventiva-sabera-por-que/2011052616482900976.html
http://www.xornal.com/artigo/2011/05/26/xornal-municipal/santiago2/conde-roa-se-a-nasa-fai-unha-retirada-preventiva-sabera-por-que/2011052616482900976.html
watts- Mensajes : 39805
Fecha de inscripción : 25/03/2008
Re: Primeras consecuencias de la victoria de la Derecha (Pecha a sala NASA) (Santiago)
De todas formas esta xente do audiovisual teñen unhas pelotas tan grandes como a catedral, explícome: Eu son o primeiro que disfruto dos concertos da Nasa e como tal jódeme se chegan a pechala, pero con unha subvención anual do concello de 210.000 € o ano, o aluguer costa 2000€ o mes ( que se non me equivoco tamén llo paga o concello), e a min cando vou a sala a ver un concerto cóbranme, teñen os seus tripulantes que pagarán a súa cuota o ano, nada mo dan gratis na NASA, polo tanto eu estou a favor (por suposto) da nasa pero cambiaría a forma de xestionala e a xente que a xestiona, por que se en 20 anos aberta aínda despois de chupar tanta subvención non teñen o local en propiedade por algo será, e aquí Santiago e unha cidade pequena e todos nos coñecemos.
E agora o máis importante, se o que queren e armar jaleo en contra do novo alcalde (con eleccións chorizadas).... AAAAAACCAAABARAMOS!!!! Pois eu si que me apunto.
E agora o máis importante, se o que queren e armar jaleo en contra do novo alcalde (con eleccións chorizadas).... AAAAAACCAAABARAMOS!!!! Pois eu si que me apunto.
Space Captain- Mensajes : 3731
Fecha de inscripción : 28/03/2010
Temas similares
» New York Dolls en Santiago(Sala Capitol)
» Josele Santiago en concierto - Sala Caracol
» TOUNDRA + PONY BRAVO +... (03/05/13, SALA CAPITOL, SANTIAGO)
» Adia Victoria
» Derecha vs izquierda
» Josele Santiago en concierto - Sala Caracol
» TOUNDRA + PONY BRAVO +... (03/05/13, SALA CAPITOL, SANTIAGO)
» Adia Victoria
» Derecha vs izquierda
Página 1 de 1.
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.